lunes, 21 de enero de 2008

Hoxe por Terras de Celanova e a Baixa Limia

Hoxe seguimos co noso periplo pre-electoral e tocounos compartir a tarde cos compañeiros e compañeiras das Terras de Celanova e da Baixa Limia. Realizamos a reunión preparatorias das vindeiras eleccións xerais nun restaurante preto de Vilanova dos Infantes.

Os "Fidalgo", Alberto e Miguel encargáronse de levar o peso da xuntaza e como podedes ver na imaxe estiveron acompañados de Alfredo Vázquez e de Dorado, os secretarios comarcais de Celanova e Bande.

Esta é a terceira das reunións que nos levará nesta semana e en parte da que ven a recorrer todas as comarcas e estar con todas e todos os compañeiros das agrupacións socialistas da provincia. Entre outros, hoxe estiverom con nós os afiliados de Muiños, Entrimo, Lobios, Calvos de Randín, Bande, Verea, Lobeira, Celanova, Cartelle, Ramirás, A Bola, Cortegada, Padrenda, Gomesende, A Merca, Pontedeva, Quintela de Leirado e unha pequena representación de Xinzo de Limia e San Cibrao das Viñas.

Falamos das estratexias de campaña, de que actos vai a haber e como van a ser e estivemos máis de unha hora departindo e charlando sobre diversas inquedanzas das agrupacións do suroeste ourensán.

Maña teremos varias reunións na sede e logo iremos todos á presentación do libro de Ceferino Díaz (compañeiro e deputado pola Coruña) ás oito do serán no Liceo. Por certo un fermoso libro titulado A esforzada conquista da autonomñia 1979-1981.

No hay comentarios: