martes, 15 de enero de 2008

Festa dos Fachós. A festa das festas.



O día 19 de xaneiro celébrase en Castro Caldelas unha das festas máis chamativas e vistosas do panorama festivo de España.

Non vos vou a "matar" con explicacións das súas posibles orixes, nin cousas polo estilo. Só dicirvos que que se saiba é a súa 257 edicións (xa que hai documentación da mesma dende 1750). É unha festa que aínda que cadre pola semana reúne a milleiros de persoas vidos de todos os rincóns da xeografía galega e de moitos puntos de España.

É a festa do culto ó lume por excelencia. E unha cousa moi importante hai viño, queimada e chourizos a esgalla para todas e todos os visitantes.

Cousa moi importante: o que é a celebración dos fachós en sí, a súa queima, non dura máis de 15 minutos aínda que logo hai troula ata altas horas da madrugada, polo que é convinte estar puntuais sobre as sete do serán fronte o Santuario dos Remedios.

Quedades todos e todas convidadas a festa máis bonita do Mundo. A Festa das Festas. A Festa dos Fachós.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

VIVA O SAN SEBASTIAAAAAAN, A MARCELA E O CAN!

Anónimo dijo...

Outros dician: ¡Viva o San Sebastian, a Rita e O Cachán!.

O Castro en mi corazón dijo...

Este año me la pierdo. ¡Qué pena me da! Espero que todos los asistentes disfrutéis de este culto al fuego y a la vida.
Besos para todos

Anónimo dijo...

O dito era: Viva o san Sebastián... e o bispo e o can

O que algúns lle engadiron: E a Marcela e a cadela (para mosquear á Marcela, que non sei se vos acordaredes dela)

Anónimo dijo...

Fomos este ano por primeira vez catro rapazas de Laracha (A Coruña) a festa dos fachós, aproveitando que estabamos de turismo rural pola Ribeira Sacra e esperamos repetir. Foi unha festa moi espectacular e pasamolo moi ben.
Non conseguimos volver co fachó ata a cachela grande (faltabanos experiencia)pero foi moi divertido.

Un saudo a xente de Castro Caldelas e a todos os que estabades na festa.
Ata o ano que ben.

Un saudo de VANE, EVA, VERO E MARIA