martes, 13 de noviembre de 2007

Parabéns por un gran aniversario


Nesta fin de semana de San Martiño e magosto, un dos nosos máis ilustres veciños de Ourense cumpría 25 anos (aínda que pareza que ten algún máis). O Carrabouxo, ese entrañable e avispado personaxe que cada día nos alegra as mañás dende o xornal La Región cumpre un cuarto de século.
Corría un 10 de novembro de 1982, aquel ano do "Naranjito" e dos mundiais de fútbol en España cando Xosé Lois González comezaba a andaina en "La Región" co Carrabouxo.
Dende este portal quero mostrarlle o meu máis cariñoso afecto por ternos feito rir e reflexionar tantas veces coas ácedas críticas que fai sobre o día a día.
Unha aperta para Xosé Lois e outra para o Carrabouxo.

No hay comentarios: