jueves, 18 de octubre de 2007

A Ministra Elena Espinosa encabezará a candidatura do PSOE ó Congreso por Ourense



A ministra de Agricultura, Elena Espinosa, encabezará a candidatura socialista ó Congreso por Ourense, segundo se pode oír en todos os mentideiros políticos. Hoxe de feito xa recollen esta nova case todos os medios de comunicación. A proposta que se ven comentando dende hai semanas ten o apoio do partido en Ourense.

O propio secretario xeral do PSdeG-PSOE, Emilio Pérez Touriño, anunciou onter que proporá que un ministro/a encabece unha das listas socialistas galegas ás próximas eleccións ó congreso. A súa designación, que aínda ten que someterse á aprobación dos órganos do partido, conta xa co respaldo do PSOE na provincia.

Está previsto tamén que o secretario de Organización del PSOE, José Blanco, abra a lista de Lugo e Antón Louro en Pontevedra. O ministro de Cultura, César Antonio Molina, posiblemente encabece a candidatura por A Coruña.

Dende aquí quero manifestar todo o meu apoio a esta proposta de que encabece a nosa candidatura Elena Espinosa, unha ourensana que leva feito unha gran labor polo mundo rural de España e que sempre ten presente a nosa provincia nas súas políticas

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Que pelota eres!!!!

Ja,ja,ja,ja é coña tío. Elena é unha boa Ministra, e si así o decidides os ourensáns, será unha boa cabeza de lista.

Anónimo dijo...

Por certo xa te vin hoxe na Pajarera tomando un café con ela despois de saír do acto en Caixa Galicia. Que teñades boa sorte. M.J.R.