Un ano máis, no mes de Agosto celebrarase en Castro Caldelas o Festival Ponte Louco organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Irrio.
Para os/as que xa coñecedes o Festival, ¿que vos vou a contar?. Para aqueles/as que nunca vos achegástedes ata aquí dicirvos que non hai festa coma ela. Concertos, xogos, malabares, feira de artesanía, etc... e todo de balde. O lugar escollido para os concertos é o patio de armas do Castelo de Castro Caldelas, un lugar inmellorable. As bandas convidadas para esta edición son: Fabulosos Cubatas, Os Tres Trebóns, A Banda Potenkin e 3 ex-Jarbanzos Negros.
Todo un luxo. Pódovos asegurar que si vos animades a achegarvos ata Castro Caldelas o día 18 de agosto nos vos ides aburrir.
Vemonos alá o 18 de agosto
3 comentarios:
Vemonos alá, coma todos os anos. Lucho
pois si, este ano o ponte Louco está que arde. Por si non o sabíades xa se confirmou que virán tamén os Cuchufellos que, por certo, acaban de estrear blog onde podedes escoitar o seu último traballo: http://cuchufellos.blogspot.com
Outras novas: tamén virá a Charanga Os veraneantes e os Cuchufellos estrearon páxina: www.cuchufellos.com
Publicar un comentario