Preséntovos aquí o blog Espoiler de Hernán Casciari sobre o top ten dos anuncios publiciatarios sometidos a censura ou crítica por algún colectivo. A verdade é que non ten desperdicio.
Casciari acadou a fama xunto con Bernardo Erlich polo seu famoso weblog mujergorda, que logo foi publicado en formato libro por Plaza&Janés. Mujergorda é unha blogonovela de máis de 200 capítulos que se publica en Internet dende setembro de 2003. Conta a historia dunha familia arxentina, Os Bertotti, en clave de humor. A narradora é Mirta, unha ama de casa nacida en Mercedes (Bos Aires) que debe lidiar co seu marido, o seu sogro drogadicto e tres fillos adolescentes. O weblog, escrito por Hernán Casciari e ilustrado por Bernardo Erlich, “Más respeto, que soy tu madre” foi elexido pola Deutsche Welle International como mellor weblog do Mundo.
2 comentarios:
joder, son buenísimos, a cada cual mejor. Sólo tienen un problemilla que hay a gente que no les hacen gracia y claro..... los censuran
patético artigo cheo de insultos e faltas de respecto. eu estou bastante de acordo con moitas das censuras que se acometen a certos anuncios. é máis, considero que as persoas que se dedican a elaboralos deberían recibir clases de ética profesional ou de "educación para a cidadanía".
basta que unha persoa se sinta ferida cun destes anuncios para apoiar a súa censura. a publicidade non está para denigrar a ninguén, e a liberdade de expresión non debería significar liberdade para facer o que nos dea a gana sen pensar nos demáis.
Publicar un comentario