Durante a campaña das Eleccións Autonómicas de 2005 o PSdeG-PSOE adquiriu un compromiso cos veciños e veciñas de Castro Caldelas, o arranxo da estrada dende a vila ata Monforte de Lemos. O cabeza de lista Manuel "Pachi" Vázquez e máis eu fixemos nosa a reivindicación que viñan reclamando os membros da Asociación de Empresarios da Terra de Caldelas. Hai uns meses saiu a obra a concurso, e xa foi adxudicada. Segundo a información que teño, as obras comezaran antes do fin do mes de marzo. A mellora desta estrada era unha vella reivindicación dos habitantes dos concellos de Monforte de Lemos, Sober, A Teixeira e Castro Caldelas. Esta vía de comunicación sérvenos os caldelaos para acceder a N-120, pero tamén é aque empregan os centos de visitantes que se achegan a coñecer a Ribeira Sacra e a viaxar nos catamaráns polo Canón do Sil. A verdade é que nós asumimos este reto posto que creíamos que era de vital importancia para o desenvolvemento da bisbarra o seu arranxo, elogo de asistir atónitos ó paso de dezaséis anos de goberno de Fraga e observar como esta vía de comunicación seguía sumida no seu máis total abandono. Hoxe creo que é un día de ledicia e satisfacción para todos os caldelaos, posto que pronto poderemos ver o inicio destas obras.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
A verdade é que cando se fan as cousas hai que recoñecelas. Catro lexislaturas de Fraga e estrada sin tocar, e un ano e medio despois de haber dito que arranxabades a estrad si había un cambio de goberno e fixéstelo. Estamos toso de noraboa, pero seguiremos vixiantes para que non caigades na desidia
Publicar un comentario