Séguenme a gustar estes anuncios de Gadis. Aquí vos deixo o "Vivamos como galegos", versión New York.
Reflexións e cousiñas sobre Caldelas, política e moitas cousas máis que me preocupan e despertan inquedanzas...
viernes, 31 de octubre de 2008
Escándalo no PP. Baltar ten que dimitir.

No cumio dos seus desatinos non se lle ocorreu mellor idea que ó remate dun acto do PP, e no mesmo estrado, asinar un convenio de colaboración entre a Deputación de Ourense e o Fogar español do ancián.
Imaxino que desta vez presentará a súa demisión sen que ninguén lla teña que pedir.
Podedes ampliar a información no xornal El País.
Agora imos para o Pleno, que promete ser movidiño, e despois cóntovos.