viernes, 29 de junio de 2007

Comparativa mapa provincial logo das eleccións locais de 2007

Mapa provincial 2003.
Mapa provincial de 2007.
No primeiro dos mapas podedes apreciar como estaba o reparto político da provincia despois das eleccións locais de 2003. Once alcaldías para o PSdeG-PSOE, tres para o BNG e cinco para partidos independentes. O resto, é dicir, setenta e tres concellos estaban gobernados polo PP.
Logo das eleccións municipais do 27 de maio de 2007 o mapa dá un cambio brusco, o PSdeG-PSOE multiplica por máis de dous os concellos gobernados e pasa a vintecatro, o BNG pasa de tres a sete. TG irrumpe no panorama político provincial e faise con unha alcaldía, e os grupos independentes gobernaran en catro concellos.
Tres dos gobernos independentes estarán apoiados polo PSdeG-PSOE, o igual que o mesmo número de alcaldes nacionalistas.
O PSdeG-PSOE pasará a ter a alcaldía ou gobernar a tantos veciños e veciñas da provincia como o PP, ó redor dun 46%, algo que se soñaba inalcanzable ata hai poucos anos. Os gobernos progresistas son maioría sobre os gobernos do PP na provincia de Ourense.
Comeza o fin da "Era Baltar".

O "top ten" da censura publicitaria



Preséntovos aquí o blog Espoiler de Hernán Casciari sobre o top ten dos anuncios publiciatarios sometidos a censura ou crítica por algún colectivo. A verdade é que non ten desperdicio.
Casciari acadou a fama xunto con Bernardo Erlich polo seu famoso weblog mujergorda, que logo foi publicado en formato libro por Plaza&Janés. Mujergorda é unha blogonovela de máis de 200 capítulos que se publica en Internet dende setembro de 2003. Conta a historia dunha familia arxentina, Os Bertotti, en clave de humor. A narradora é Mirta, unha ama de casa nacida en Mercedes (Bos Aires) que debe lidiar co seu marido, o seu sogro drogadicto e tres fillos adolescentes. O weblog, escrito por Hernán Casciari e ilustrado por Bernardo Erlich, “Más respeto, que soy tu madre” foi elexido pola Deutsche Welle International como mellor weblog do Mundo.

Asociación PuntoGal

Quero convidarvos a que entredes na web de PuntoGal. De seguido fágovos unha pequena reseña da súa páxina para que vexades quenes son e que é o que promoven. Animadevos a entrar e asinar na súa web.
PuntoGal é unha iniciativa que pretende conseguir para a lingua e a cultura galega un dominio propio en internet. Este obxectivo, longamente desexado, precisa da suma do maior número posible de vontades nun proceso que será longo e tecnicamente complexo.
As doce entidades promotoras do PuntoGal convocaron a Asemblea Constituínte o dez de xuño de 2006, en Santiago de Compostela. A Directiva que saiu da reunión é quen avalará a candidatura galega diante da Internet Corporation for Assigned Names and Numbers, organismo internacional que se encarga de autorizar e recoñer os dominos.
Pola propia complexidade do proceso, resulta fundamental traballar dando pasos firmes, actuando con axilidade e contando cun amplo respaldo social. O ICANN valora as propostas en función da xustificación da necesidade de ter o dominio e dos apoios que ten a propia candidatura dentro do seu territorio: por iso é imprescindible facer unha candidatura sólida con presenza de importantes organismos e asociacións galegas do ámbito cultural, lingüístico e da comunicación.
A asociación asume igualmente o compromiso de realizar accións de concienciación entre a cidadanía sobre a necesidade de que Galicia dispoña dun dominio propio.
A promotora do PuntoGal estivo conformada por representantes da Asociación de Editores de Galicia, a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia, a Asociación Fillos de Galicia (fillos.org), o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, o Consello da Xuventude de Galicia, as Empresas Galegas Adicadas a Internet (Eganet), Galicia Hoxe, Idesga-Galego 21, ISOC-Galicia, a Mesa pola Normalización Lingüística, a Real Academia Galega (RAG) e Vieiros. Dende entón xa hai novas entidades adheridas.

Un ano máis, en Castro Caldelas.....Festival Ponte Louco

Un ano máis, no mes de Agosto celebrarase en Castro Caldelas o Festival Ponte Louco organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Irrio.
Para os/as que xa coñecedes o Festival, ¿que vos vou a contar?. Para aqueles/as que nunca vos achegástedes ata aquí dicirvos que non hai festa coma ela. Concertos, xogos, malabares, feira de artesanía, etc... e todo de balde. O lugar escollido para os concertos é o patio de armas do Castelo de Castro Caldelas, un lugar inmellorable. As bandas convidadas para esta edición son: Fabulosos Cubatas, Os Tres Trebóns, A Banda Potenkin e 3 ex-Jarbanzos Negros.
Todo un luxo. Pódovos asegurar que si vos animades a achegarvos ata Castro Caldelas o día 18 de agosto nos vos ides aburrir.
Se queredes máis información entrade no blog do festival, no foro ou na súa web.
Vemonos alá o 18 de agosto