martes, 26 de febrero de 2008

O sin vivir da campaña

Estes días non teño nin un minuto para escribir. Teño o blog moi abandonado. Levantarse cedo, currar moito, comer rápido, seguir currando e deitarse tarde. Esta é a nosa vida estes días. Cada xornada preparando varios mitins e diversos actos, e así... non queda moito tempo para atender a bitácora.
Hoxe atopei un momentiño e quérovos deixar unha foto da amiga Rosa Veiga da Axencia EFE, que é basatante graciosa. Fixádevos en Paco, o alcalde, que semella non saber que facer co dedo.
Estes días estivemos con Bermejo, quedei sorprendido por como mitinea e pola súa intelixencia. Por certo, pégalle ó canto que é unha pasada. Con Elena estamos case todos os días. Touriño xa estivo varias veces, hoxe volta a Ribadavia, e aínda nos acompañará en dúas ocasións máis. Pepe Blanco estivo con nós o domigo, e tamén, menudo mitin. E así seguimos todos estes días, con actos e actos todos os días.
Por certo, non podo rematar sen lembrar a unha persona. A nosa baixa nesta campaña. Pachi Vázquez, o noso secretario provincial e artífice de que o PSOE en Ourense estea vivindo o seu momento máis glorioso. Antonte a noite estiven con el no hospital e aínda que lle quedas varios días para recuperarse está desexando que lle compremos un megáfono para dar unhas charlas polas plantas do Hospital.
Unha aperta fortísima para el, e que se mellore pronto. Estámolo esperando para celebrar a victoria socialista o 9 de marzo.
Por certo, eu ando pola segunda fila. O primeiro pola esquerda.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Creo que hiciste caso de mi recomendación "ortográfica" y has hecho el signo muy requetebién. Yo ya sé desear suerte en LSE y muchas cosas más, cuando me veáis no me vais a reconocer: signo sin parar, dentro de poco me tendrán que contratar de intérprete. Te deseo suerte: las yemas de los dedos de la mano derecha tocan una detrás de otra la barbilla (del meñique al índice, como hacía el Pablo o el Juanillo ¿te acuerdas?), el signo de suerte se hace con los dedos índice y corazón de ambas manos cruzados mirando hacia el oyente y a la altura de la cara. Practica, practica y ánimo que dentro de poco tendrás descanso.
PD: la verdad es que la foto es graciosa

Anónimo dijo...

See HERE